Besteiro José Ramón Gómez Besteiro Mensaxe de Nadal 24 de diciembre de 2025

Besteiro pon o foco na escoita, na xente e no futuro de Galicia na súa mensaxe de Nadal

A peza audiovisual constrúese a partir de sons, silencios e imaxes que remiten a realidades moi presentes na vida diaria da cidadanía galega

A mensaxe de Nadal do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fai balance dun 2025 marcado polas dificultades cotiás, a incerteza e a necesidade de volver situar ás persoas no centro da política.

A peza audiovisual constrúese a partir de sons, silencios e imaxes que remiten a realidades moi presentes na vida diaria da cidadanía galega: as esperas na sanidade, os problemas de acceso á vivenda, a falta de reforzos no ensino, a preocupación da xente nova polo seu futuro ou os incendios que volveron golpear Galicia este verán, deixando unha sensación de abandono e impotencia en moitas comarcas.

O vídeo contrapón ese “ruído” —o de quen leva anos gobernando sen escoitar— coa voz da xente, coa dignidade de quen resiste, empurra e sostén o país mesmo nos momentos máis difíciles. Unha mensaxe que reivindica a escoita como punto de partida e a política útil como ferramenta para dar respostas.

A mensaxe incorpora tamén un momento íntimo, unha conversa coa súa nai, que reforza o ton humano do vídeo e lembra que o compromiso político nace de valores persoais, da educación recibida e da responsabilidade coa sociedade á que se serve.

“Agora toca mirar ao 2026 con máis cabeza, con máis corazón e coa mesma idea de sempre: escoitar, compartir, acompañar e gobernar”, sinala Besteiro nunha mensaxe que combina memoria e esperanza de futuro.

Ligazóns ao vídeo nas redes sociais do PSdeG:

🔴 https://www.youtube.com/watch?v=F1s21uc-bGk

🔵 https://fb.watch/EbD7bw6sRx/

🟠 https://www.instagram.com/p/DSpYxyeDD4c/

🟣 https://www.tiktok.com/@socialistas_gal/video/7587407729514368288

⚫️ https://x.com/socialistas_gal/status/2003812054554042764

Noticias relacionadas