CENG Comisión executiva nacional galega Comité Nacional Galego 22 de diciembre de 2025

O PSdeG celebrará o seu Comité Nacional o 10 de xaneiro

O día 10 de xaneiro, o PSdeG-PSOE celebrará un Comité Nacional Extraordinario en Santiago de Compostela, que marcará o inicio do ano político da organización e servirá para definir un calendario de accións de cara ás vindeiras eleccións municipais.

A convocatoria deste Comité Nacional Extraordinario foi acordada hoxe pola Comisión Executiva Nacional Galega, nunha reunión extraordinaria.

No marco deste comité, un dos asuntos que se abordarán será a análise das denuncias por presunto acoso sexual e laboral coñecidas, así como as actuacións e decisións adoptadas polo partido desde que se tivo coñecemento dos feitos.

A dirección do PSdeG considera necesario tratar esta cuestión no órgano máximo entre congresos, con toda a información dispoñible e desde o respecto aos procedementos internos e ás garantías que deben rexer en situacións desta natureza, poñendo sempre no centro a protección das vítimas.

Unha vez celebrado o Comité Nacional Extraordinario, informarase dos acordos que se adopten.

Noticias relacionadas

Comisión executiva nacional galega Executiva PSdeG

Natalia González, nova secretaria de Igualdade do PSdeG

María Fernández Ojea ocupará a secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia Patricia Iglesias, proposta para a secretaría de Administración Pública, Autogoberno, Xustiza e Asesoría...