Carmela López 12 de enero de 2026

Ferraz ratifica a candidatura de Carmela López á Presidencia da Deputación de Lugo

A decisión foi comunicada  á secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, para o seu traslado aos deputados e deputadas provinciais socialistas na Deputación de Lugo aos efectos oportunos

 

A Comisión Federal de Listas do PSOE ratificou a proposta formulada polo PSdeG-PSOE para que Carmela López Moreno sexa a candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo.

 

A ratificación produciuse na reunión da Comisión Federal de Listas, no marco do procedemento establecido nos Estatutos Federais e no Regulamento Federal de Desenvolvemento, unha vez elevada a proposta acordada polos órganos do PSdeG.

 

A decisión foi comunicada á secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, para o seu traslado aos deputados e deputadas provinciais socialistas na Deputación de Lugo aos efectos oportunos.

 

Carmela López Moreno é alcaldesa de Burela e deputada provincial, ámbito no que vén destacando pola defensa dun modelo de desenvolvemento equilibrado para A Mariña e para o conxunto da provincia, cunha aposta clara polo fortalecemento dos servizos públicos, o apoio aos concellos e a cohesión territorial.

 

Dende o PSdeG subliñan que esta ratificación permite avanzar na conformación dun proxecto sólido para unha Deputación útil, próxima e comprometida coa igualdade de oportunidades en toda a provincia de Lugo.

Noticias relacionadas