HULA Lara Méndez Lugo 11 de marzo de 2026

Lara Méndez esíxelle ao conselleiro de Sanidade máis recursos e persoal para o servizo de Urxencias do HULA, que sigue tendo pacientes «amontonados» nos corredores

Lara Méndez alerta do esgotamento e frustración do persoal e o deterioro da calidade asistencial

 

Desafía ao conselleiro de Sanidade a falar cos celadores que seguiron o Pleno en directo e escoitar as súas peticións

 

A parlamentaria socialista Lara Méndez esixiulle ao conselleiro de Sanidade que atenda ás demandas do persoal do servizo de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti, que reclaman máis recursos e persoal diante do deterioro evidente do servizo. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento á que asistiron representantes dos celadores e celadoras do centro.

 

Méndez trasladoulle ao conselleiro a situación destes traballadores e traballadoras, que teñen que atender aos pacientes que chegan ao centro coa maior profesionalidade malia o esgotamento pola falla de reforzo de persoal e a “frustración, rabia e impotencia” polas dificultades que lles impón o Sergas para facer ben o seu traballo.

 

Sinalou que as condicións do servizo provocan o deterioro evidente do servizo, que nos picos asistenciais mantén aos pacientes amontoados nos corredores, e lembrou o recente caso dun paciente que faleceu mentres agardaba. Reclamou empatía cos pacientes e cos traballadores e traballadoras que fan un “esforzo sobrehumano” e teñen que “duplicarse” para facer o seu traballo porque o goberno galego non quere contratar máis persoal.

 

Criticou que o goberno galego só se preocupara cando decidiron sacar o material defectuoso ás concentracións, obrigándolles a amosar o estado das cadeiras e as camillas, para despois enviar “por vergoña” 22 cadeiras, pero que lonxe de ser novas foron reutilizadas e recién pintadas.

Noticias relacionadas