Elena Espinosa PARLAMENTO DE GALICIA Sanidade 26 de marzo de 2026

O Grupo Socialista elevará ao Parlamento o reforzo das plantillas de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría

Elena Espinosa mantén un encontro na Cámara Autonómica co sindicato SESNNLLE de representantes destas traballadoras que constitúen un piar fundamental na atención sanitaria

 

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, comprometeuse hoxe a levar ao Parlamento a necesidade urxente do reforzo das plantillas de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría -TCAE-. A responsable socialista mantivo un encontro na Cámara Autonómica co sindicato Sin Nosotros No Late la Enfermería -SESNNLLE-, que representan a un colectivo que é un piar fundamental na atención sanitaria.

 

Espinosa recibiu as demandas destas traballadoras, que presentará en forma de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Consellería de Sanidade que reforce unha plantilla sobrecargada nunhas condicións precarias con xornadas maratonianas que inciden no deterioro da calidade asistencial. Ademais, reclaman o recoñecemento profesional da categoría C1 e a actualización das súas funcións dentro do sistema no coidado directo das persoas usuarias.

 

A responsable socialista reclámalle ao Sergas que atenda ás necesidades deste persoal, que está a traballar nunhas condicións inasumibles e posúe necesidades específicas que pasan pola mellora organizativa e estrutural das súas funcións no ámbito sanitario. Salientou ademais as dificultades na adaptación dos postos de traballo en situacións de risco que se repiten no seu día a día.

Noticias relacionadas