O Grupo Parlamentario Socialista celebra o venres 26 de xuño na Sala do Rexurdimento do Parlamento a xornada «Autogoberno intelixente e financiamento galego», con expertos en dereito constitucional, economía e dereito financeiro
O Goberno oferta 587 millóns de euros a Galicia como punto de partida para negociar a financiación autonómica, máis dos 500 millóns que o propio Rueda reclamaba. A Xunta nin se vai sentar “por orde de Feijóo”
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026. O inicio das negociacións bilaterais entre o Goberno de España e as comunidades autónomas para reformar o sistema de financiamento deixou onte unha imaxe reveladora: Castilla-La Mancha sentou, presentou o seu modelo e defendeu os seus intereses. Galicia non fará o mesmo por orden de “Feijóo”. Ao mesmo tempo, a comisión de financiamento do Parlamento galego, reactivada por iniciativa socialista, celebrou a súas primeira sesión. O PP rexeitou en bloque o plan de traballo presentado polo PSdeG. As deputadas Lara Méndez López e Patricia Iglesias Rey convocaron hoxe unha rolda de prensa para denunciar “o bloqueo sistemático do PP á financiación”.
«Os gobernos que traballan para os seus cidadáns escoitan, séntanse, dialogan e defenden os seus intereses. Iso é o que fixo onte Castilla-La Mancha. O señor Rueda nin sequera irá escoitar», afirmou Méndez, que subliñou que o presidente da Xunta actúa por orde directa do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, quen instruíu a todos os presidentes autonómicos populares para que non participen nas negociación donde nos xogamos máis de 587 millónes de euros.
A dobre fronte que describe o PSdeG ten un capítulo galego concreto. A comisión de financiamento do Parlamento, proposta polos socialistas e aprobada por unanimidade de todos os grupos, arrincou hoxe: «Non aceptaron nin unha coma do noso plan de traballo. Nin unha», denunciou Patricia Iglesias, portavoz de Facenda do grupo socialista. «Un plan elaborado con expertos, de dentro e fóra do partido, e o PP rexeitouno en bloque».
Iglesias fixo fincapé na “contradición aritmética” do goberno galego. O propio Rueda e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, recoñeceron publicamente fai pouco máis dun ano, e en sede parlamentaria, que Galicia precisaba 500 millóns de euros máis de financiamento. O Goberno de España puxo sobre a mesa 587 millóns como cifra de partida. «Pedían 500, ofrécenlles 587 para comezar a negociar, e seguen sen querer sentarse», resumiu a deputada socialista.
Fronte a esa posición, explicou que o PSdeG defende un modelo baseado no recoñecemento da singularidade galega, con criterios propios como o envellecemento e a dispersión poboacional aplicados ao custe real dos servizos de sanidade, educación e dependencia. «Para iso hai que entrar na sala. Para iso hai que facer política, con maiúsculas, non política partidista, e para iso hai que ter un modelo», afirmou Iglesias.
Os concellos, pagando a conta que a Xunta non asume
Lara Méndez abriu a rolda polo financiamento local, un capítulo que arrastra os seus propios anos de abandono. O modelo de financiamento municipal leva dúas décadas sen reformar, coa última actualización en 2002. A FEGAMP calcula que os concellos galegos asumen máis de 700 millóns de euros ao ano en competencias que a Xunta lles traslada sen recursos para atendelas, moitas veces, segundo Méndez, «pola porta de atrás».
«O diñeiro que manda a Xunta chega condicionado. Hai que concursar para conseguilo e é o Goberno galego quen decide cal é o seu fin», explicou a deputada. «A Xunta non quere financiamento local. O que quere é dependencia.» A FEGAMP leva tempo reclamando fondos incondicionados que os concellos poidan destinar ás súas propias prioridades. E a resposta da Xunta, sinalou Méndez, é a nova Lei de Administración Local de Galicia, «cuxa tramitación acumula contestación e críticas dos concellos, incluso do PP, que se negan a asinar en branco unha lei elaborada sen o seu concurso».
Venres no Parlamento: autogoberno e financiamento, con expertos
O PSdeG responde ao baleiro de proposta do PP cunha xornada de debate aberto. O venres 26 de xuño, a Sala do Rexurdimento do Parlamento de Galicia acollerá «Autogoberno intelixente e financiamento galego», coincidindo cos 45 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia.
A xornada organizarase en dúas mesas. A primeira, sobre autogoverno galego e a posibilidade de reforma estatutaria, contará con Francisco Caamaño, catedrático de Dereito Constitucional e ex ministro de Xustiza, e Nieves Lagares, da Facultade de Ciencias Políticas da USC. Moderará Patricia Iglesis.
A segunda mesa, centrada no financiamento galego, reunirá a Joaquín Fernández Leiceaga, do Foro Económico de Galicia, e Begoña Villaverde, profesora de Dereito Financeiro da USC. Moderará Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da FEGAMP.
O peche correrá a cargo do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. nunha xornada que o PSdeG quere aberta á sociedade galega porque “mentres o PP segue sen modelo e Rueda mantén a cadeira baleira na negociación bilateral por orden de Feijóo, o PSdeG leva o debate onde ten que estar: diante dos galegos e das galegas”.
