Lara Méndez 29 de agosto de 2026

Lara Méndez: “No inicio de curso do PP sobraron insultos e faltou Galicia”

  • A secretaria de Organización do PSdeG acusa a Feijoo de “facer campaña coa dor de Ceuta” e de “sementar dúbidas sobre as Forzas Armadas para pescar no caladoiro da ultradereita”

Nin sanidade, nin vivenda. Nin unha soa proposta. A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Lara Méndez, resumiu así o acto co que o PP abriu este sábado o curso político en Cerdedo-Cotobade: «Foi un mitin de precampaña no que sobraron insultos e faltou Galicia». Para Méndez, «Feijóo veu facer campaña coa dor de Ceuta e Rueda púxolle o escenario. 

A socialista criticou o uso partidista da crise de Ceuta: «Un político de Estado non converte unha crise nun mitin. Nin anuncia querelas desde un palco. Feijóo dedicouse a sementar dúbidas sobre as Forzas Armadas e sobre as propias institucións que di defender. Ese é o camiño da ultradereita, e hoxe percorreuno enteiro», sinalou. A solidariedade con Ceuta, engadiu, «demóstrase apoiando a quen está sobre o terreo, non alimentando o medo para rabuñar uns votos».

Méndez destacou que a frase de Feijoo de que «todos son malos», de que non hai «una esquerda decente» non é propiá dun poítico que aspira a gobernar: «Un candidato que divide os españois entre decentes e indecentes non está retratando os seus adversários, está retratándose el. É un reflexo do que fan en Galicia, gobernar para os seus, contra os demais”.

Criticou tamén a Rueda por ameazar os traballadores de baixa médica en vez de explicar por que a atención primaria está colapsada. «Sinalar a quen está enfermo para tapar a propia xestión sanitaria é indecente. Se hai máis baixas das que debera, que mire para o sistema que as xestiona. Que é o seu», dixo.

A secretaria de organización destacou «a autocrítica involuntaria» que lle escapou ao presidente da Xunta no acto de hoxe: «Recoñeceu problemas na dependencia e na educación, e anunciou un plan de atención primaria. Moi ben. Pero quen leva 17 anos gobernando este país? Escoitándoo, calquera diría que Galicia a goberna Madrid».

Sobre as acusacións de servilismo ao PSdeG, Méndez dixo que «servilismo é converter a Xunta nunha sucursal de Génova e gastar o inicio de curso en facerlle o xogo a Feijóo. Nós defendemos os intereses de Galicia, goberne quen goberne por iso seguimos sen entender por que Rueda négase a negociar máis de 550 millóns de euros para Galicia ou que rexeite a condonación da débeda”.

Por último, Méndez insistiu en que neste novo curso político, “os e as socialistas seguiremos falando do que importa: da sanidade, da vivenda, do emprego, dos servizos públicos. Diso, hoxe, en Cerdedo-Cotobade non se dixo unha soa palabra», concluíu.

Noticias relacionadas