O líder dos socialistas galegos reivindica a independencia da Universidade fronte ao intento de inxerencia do goberno galego impoñendo a fiscalización externa
Propón que a lo menos o 10 por cento dos matriculados poidan optar a praza nunha residencia universitaria pública
A Coruña, 15 de setembro de 2026. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que garanta financiamento “suficiente, cun crecemento estable no tempo e ambicioso”. Así o dixo logo da xuntanza co reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, na que tamén participaron o portavoz de Educación do Grupo Socialista, Aitor Bouza, e a parlamentaria coruñesa Silvia Longueira.
O responsable socialista pechou na Coruña a rolda de visitas que comezou antes do verán coas novas reitoras de Santiago e Vigo reivindicando o papel da universidade pública como “fábrica de talento e de innovación”, ademais de formación. Advertiu que a día de hoxe os recursos das universidades impiden afrontar os seus gastos estruturais, e emprazou ao goberno galego a garantirlles recursos suficientes no novo Plan de Financiamento.
Alertou que cando os recursos dos que dispoñen a duras penas permiten afrontar os gastos de funcionamento ordinarios “non hai moito campo para potenciar a innovación, as melloras salariais do profesorado e en definitiva para manter, atraer e reter talento”. Defendeu ça universidade pública como polo de desenvolvemento e que “se convertan en parte importante da economía e da estrutura do noso país”.
Logo da reforma da Lei do Sistema Universitario de Galicia coa que a Xunta obriga a someter as contas a unha auditoría externa anual, advertiu que as universidades “hoxe están perfectamente fiscalizadas” e “o que necesitan é maior financiamento” para garantir o “papel predominante” da Universidade pública fronte á chegada das privadas. Reivindicou a autonomía do SUG fronte aos intentos de inxerencia por parte do goberno galego.
Residencias públicas
Besteiro anunciou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha proposta do Grupo Socialista para incrementar as prazas nas residencias universitarias que permita afrontar o problema da vivenda aos estudantes que o necesiten. Os socialistas galegos propoñen que a lo menos o 10 por cento dos matriculados nas universidades poidan dispor dunha praza nunha residencia pública.
O obxectivo, explicou, é “ofrecer as garantías de igualdade e protección” para os mozos e mozas teñen “enormes dificultades de prestar os seus estudos” e aos que lles resulta “imposible residir no lugar onde están as universidades”.
