O líder dos socialistas galegos, que participou xunto co portavoz local e candidato do PSdeG á alcaldía, Miguel Fernández, salienta a ampla participación nunha xornada que une gastronomía con produtos de proximidade, tradición e convivencia veciñal
Lugo, 27 de setembro de 2026. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe na IV Festa da Troita con Xamón que se celebrou no barrio da Ponte organizado pola Asociación de Veciños “Lucus Augusti”. O encontro repartiu 4.000 racións de troita criada no río Eo entre máis de 500 persoas e representantes de 25 parroquias, que asistiron á entrega dos premios “Amigo/a do rural”.
O responsable socialista salientou o acto en “homenaxe ás persoas que manteñen vivo o rural durante todo o ano”, e que «une gastronomía con produtos de proximidade, tradición e, sobre todo, convivencia veciñal”. Este acto pon en valor a vida veciñal, o rural e o coidado dos ríos e das súas contornas.
Besteiro salientou o traballo da federación de veciños, encargados de organizar o encontro ao que asistiu xunto co portavoz local e candidato do PSdeG á alcaldía, Miguel Fernández, a secretaria de Organización Lara Méndez, a deputada no Congreso Patricia Otero e o delegado do goberno, Pedro Blanco, e a subdelegada de Lugo, Olimpia López.
