A responsable socialista alerta da relaxación dos controis e o seguimento por parte do goberno galego pola “dependencia mutua” da empresa que xestiona as residencias concertadas
Santiago de Compostela, 09 de setembro de 2026. A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, acusou hoxe ao conselleiro de Sanidade de “minimizar e relativizar” o foco de sarna na Residencia de maiores de Monforte “para defender os intereses da concesionaria e defender o modelo de xestión das residencias”. Méndez presentou unha pregunta oral diante dun “problema sanitario recorrente e cronificado” que afectado xa a máis de 20 persoas.
Méndez contrastou a reacción do goberno galego quitándolle importancia a este brote de sarna, que repite casos semellantes na mesma residencia en 2022 e 2025 -mesmo cunha persoa falecida-, coa petición de confinar toda Ceuta pola chegada de persoas inmigrantes. A responsable socialista acusou ao goberno galego de “non facer o seguimento que debera”, relaxando o control das residencias privadas pola “dependencia mutua” coa concesionaria, que ten á administración autonómica “cautiva”.
Puxo sobre a mesa a situación límite nestas residencias, onde “incumpren as ratios” de pacientes en relación ao persoal contratado, que ten que vivir “situacións insoportables e insostibles”. Sinalou que teñen “plantillas recortadas, profesionais exhaustos e sobrecargados de traballo que fai imposible cumprir cos protocolos sanitarios nos tempos establecidos”.
Lara Méndez esixiulle ao conselleiro de Sanidade que dea conta do número de casos constatados, os protocolos que foron activados, así como as condicións de traballo dos profesionais e “que inspeccións realizaron e a que conclusións están a chegar para atallar esta situación”.
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE
