Abadín Lara Méndez 27 de septiembre de 2026

Lara Méndez apoia en Abadín a protesta veciñal contra a planta de biometano

A secretaria de Organización do PSdeG acompañou de novo á veciñanza nas súas mobilizacións e reclamou que a Xunta escoite ás persoas afectadas

Abadín, 27 de setembro de 2026. A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, participou hoxe en Abadín na protesta contra a planta de biometano proxectada no municipio, acompañando de novo aos veciños e veciñas a aos representantes socialistas locais que levan meses mobilizándose contra a instalación.

Méndez trasladoulles o apoio do partido e insistiu na necesidade de que a Xunta escoite á veciñanza e garanta transparencia e todas as garantías ambientais na tramitación dun proxecto que provocou unha forte contestación no municipio.

O PSdeG levou tamén este mes ao Parlamento galego a situación de Abadín dentro da súa reclamación dunha regulación específica para este tipo de plantas. Os socialistas demandan criterios claros sobre a súa localización, distancias respecto das vivendas, unha avaliación rigorosa do impacto ambiental e mecanismos que permitan participar nas decisións ás persoas directamente afectadas.

Lara Méndez defendeu que os veciños e veciñas de Abadín teñen dereito a coñecer con claridade que se pretende instalar no seu territorio e a ser escoitados antes de que se adopten decisións que condicionen o seu día a día.

Noticias relacionadas