Industria PARLAMENTO DE GALICIA Patricia Iglesias 4 de septiembre de 2026

O Grupo Socialista aféalle á Xunta a falla dunha «auténtica» política industrial e esixe «menos anuncios e máis execución»

Patricia Iglesias advirte que “Galicia non necesita máis plans sectoriais desconectados, precisamos dunha estratexia que conecte industria, enerxía, innovación, financiamento, formación, solo e infraestruturas”

Santiago de Compostela, 04 de setembro de 2026. A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, advertiu hoxe que Galicia ten “un problema de falla de política industrial” polo desleixo do goberno galego. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral de Industria no Parlamento, a quen lle reclamou “menos anuncios e máis execución, menos medidas illadas e máis prioridades, menos propaganda e máis indicadores e resultados rendibles”.

A parlamentaria socialista lembrou o “desaparecido” fondo público – privado de 300 millóns anunciado por Rueda, que a día de hoxe “non chegou a converterse nun instrumento efectivo”, e explicou que os Plans Industriais Estratéxicos -PIE- “non poden ser a única política industrial de Galicia”. Estes  PIEs “son unha ferramenta” que deben responder dunha política industrial real que desenvolva un “modelo industrial sostible e de transición ecolóxica”.

Advertiu que “Galicia ten industria, empresas, talento e capacidade”, pero “o que falta é unha auténtica política industrial galega”, polo que “non necesitamos máis plans sectoriais desconectados, senón unha estratexia industrial que conecte industria, enerxía, innovación, financiamento, formación, solo e infraestruturas”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Noticias relacionadas