Lara Méndez Praia das Catedrais 23 de septiembre de 2026

O PSdeG esixe un novo sistema de control na praia das Catedrais ante os episodios de masificación que mesmo obrigaron a pechar o acceso

A deputada socialista Lara Méndez sinalou a importancia de manter o equilibrio entre a conservación do espazo natural e a posibilidade de visitar o areal garantindo a seguridade, polo que “toca facer unha nova planificación”

A deputada socialista Lara Méndez reclamoulle hoxe á Xunta unha planificación rigorosa que compatibilice a conservación da praia das Catedrais coa seguridade das persoas que a visitan. Nese senso, sinalou un recente episodio de “descontrol tremendo” que obrigou a pechar temporalmente o areal, o cal “non deu boa imaxe aos visitantes”.

Méndez recoñeceu que a implantación de un control de acceso durante a tempada turística foi “un punto a favor” aínda que no seu inicio “xa deu bastantes problemas”. Asegurou que, a día de hoxe, ese sistema “é insuficiente”, polo que debe ser modificado co fin de que a experiencia da visita sexa a axeitada.

A parlamentaria do PSdeG lembrou, por outra banda, que Galicia está “ás portas de outro Ano Santo”, polo que se prevé que a demanda para achegarse a ese espazo natural “que é un referente turístico” aumente dun xeito notable, polo que se fai aínda máis importante unha mellor ordenación dos accesos e un reforzo dos medios humanos e materiais destinados á xestión deste enclave.

Noticias relacionadas