Crise demográfica Despoboamento Silvia Longueira 17 de septiembre de 2026

O PSdeG reclámalle á Xunta unha política integral contra o despoboamento en vez das actuais «medidas soltas sen repercusión»

A deputada socialista Silvia Longueira sinalou que o problema “debería ocupar máis a axenda política” do Goberno galego cando dous de cada tres concellos están por debaixo dos 5.000 habitantes

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026.A deputada socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Xunta unha planificación integral contra o despoboamento que substitúa ás actuais “medidas soltas sen repercusión” e desconectadas entre si. En comisión parlamentaria, defendeu unha iniciativa na que criticaba a falta de obxectivos que caracteriza as políticas do Goberno galego neste eido. “Ou non se acadan ou simplemente non existen”, sinalaba.

Para Longueira, se atallar o problema ten urxencia, “aínda ten máis importancia”, e por iso lamentou que cando o despoboamento está xa ocupando a axenda noutros territorios dun xeito moi significativo, “en Galicia debería ocupala máis”.

“Non hai unha perspectiva de futuro nada esclarecedora”, afirmou para recordarlle ao PP o descenso no número de nacementos respecto do anos pasado, “un dos maiores de España”. A iso engadiu que o escenario “desalentador” se agrava en “comarcas enteiras desprovistas dos servizos públicos que precisan” e que, de feito, dous de cada tres concellos xa están por debaixo dos 5.000 habitantes.

Noticias relacionadas