A Pobra do Caramiñal Desde a Marxe Silvia Longueira 3 de octubre de 2026

O ciclo do PSdeG “Desde a Marxe” levou a artesanía, o ioga e a xoiería ao auditorio da Pobra

  • A deputada Silvia Longueira conduciu onte un novo encontro do proxecto co que os socialistas están a darlle visibilidade á cultura local por todo o territorio, no que participaron Manola Places, Paula Torrado e Ana Dosil

O ciclo do PSdeG “Desde a Marxe” aterrou onte no auditorio da Pobra do Caramiñal para por en valor o traballo das persoas que promoven, desde o eido local e fóra dos grandes circuítos, a cultura galega. A deputada e secretaria de Cultura e Lingua do partido, Silvia Longueira, conduciu un novo encontro do ciclo “Desde a Marxe”, un proxecto que os socialistas veñen desenvolvendo ao longo do ano por toda Galicia.

Para a ocasión contouse sobre o escenario coa artesá e mariscadora Manola Places, á que acompañaron Ana Dosil e Paula Torrado García. A primeira explicou o traballo que desenvolve no eido da xoiería e o estilsmo, mentres que a segunda achegou ao público o ioga como expresión de vida. 

“Desde a Marxe” desenvólvese cun formato de presentacións breves, inspirado no pechakucha xaponés, ás que segue un debate entre os participantes. O seu percorrido polas diferentes comarcas galegas serve para tecer unha rede entre proxectos que nacen desde o territorio de xeito independente e que non sempre contan coa difusión que merecen.

Nese senso, “Desde a Marxe” aspira a converterse en altofalante para os creadores e creadoras e a abrir espazos de encontro arredor da cultura.

Noticias relacionadas