A Coruña Educación Silvia Longueira 8 de octubre de 2026

O PSdeG critica o abandono dos colexios e institutos da Coruña por parte da Xunta e a falta de información sobre investimentos

A deputada socialista Silvia Longueira sinalou as protestas en centros coma o de Prácticas ou o de Zalaeta como mostra dos problemas que non está a atender o Goberno galego

A deputada do PSdeG Silvia Longueira volveu reclamar hoxe en comisión parlamentaria información acerca dos investimentos que a Xunta de Galicia destinou a colexios e institutos da Coruña, en varios dos cales as deficiencias nas instalacións e problemas con obras están motivando protestas por parte da comunidade educativa.

Longueira formulou unha pregunta sobre o CEIP Zalaeta, que fixo extensiva a outros centros da cidade, logo de advertir que o Partido Socialista solicitou “xa hai tempo” datos que a Administración autonómica non lle remitiu alegando “que non dispón dun documento único e que a análise requiriría abordar numerosos expedientes”.

“Parece que a consellería non conta cunha simple folla de cálculo na que se recollan ano a ano os investimentos en cada unidade”, ironizou para, a continuación, explicar que similar información si lle foi facilitada polo Concello, que se encarga dos gastos de mantemento das instalacións educativas. “É curioso, porque na Coruña teñen un rexistro no que se vai recollendo a información colexio a colexio, porque se trata de, simplemente, introducir os datos, non de outra cousa”, apuntou.

“Como é posible que a Xunta teña abandonada a cidade? Como é posible que un concello informe de canto gastou nos colexios e a Xunta non?”, preguntou a deputada socialista tras salientar que a Administración local dedica “case sete millóns a reparacións” nos centros públicos.

Noticias relacionadas