Mocidade PARLAMENTO DE GALICIA Silvia Longueira 8 de octubre de 2026

Silvia Longueira cualifica o Bono Emancípate de «apaño descabellado» que non chega nin a 3 de cada 10 xóvenes que o solicitan

Silvia Longueira censura a “política de bonolandia” que a Xunta concede baixo o criterio de “toma o diñeiro e corre” para quen chega antes e non para quen máis o necesita

Santiago de Compostela, 08 de outubro de 2026. A portavoz de Xuventude do Grupo Socialista, Silvia Longueira, criticou hoxe o “apaño descabellado” que o PP fixo dende a Xunta co Bono Emancípate. Así o dixo na comparecencia da directora xeral de Xuventude no Parlamento para presentar os resultados da “política de bonolandia” que, sinalou Longueira, non serviu para axudar nin a 3 de cada 10 mozos e mozas que o solicitaron.

Explicou que o criterio de reparto das axudas, que cualificou de “toma o diñeiro e corre”, supón que o primeiro que chega leva o diñeiro “sen saber se ten mellor ou peor situación económica”. Unido á escaseza de recursos, provocou que máis da metade dos solicitantes quedaran sen a axuda, o que demostra que “non é un sistema de axudas transversal” pero que, iso si, evítalle ao goberno galego ter que xestionar os expedientes como cun modelo de concorrencia competitiva.

A responsable socialista puxo en dúbida o éxito do Bono Emancípate, que apenas contaba con 3 millóns de euros para as 6.324 solicitudes xestionadas en 2026, cando precisarían de 7,63 millóns -máis do dobre- para conceder unha axuda entre 1.500 e 3.000 euros a cada solicitante. Advertiu que con estas cifras non poden ver como un éxito que o Bono se teña esgotado, e lembrou que en 2025 só concederon a axuda a 1.066 persoas, o 28 por cento das que o solicitaran.

Longueira advertiu que a política de bonos do goberno galego resulta “absolutamente descabellada” e emprazou á directora xeral a “decidir se queren facer unha política de verdade ou só apaños” para afrontar os problemas estruturais da vivenda e da demografía que afectan de cheo á mocidade. Esixiulles que tomen en serio esta situación logo de ter provocado a marcha dunha “xeración perdida” de mozos e mozas que migraron en 2009 e 2010 “para non volver”.

Noticias relacionadas