6 de julio de 2026

Marica Adrio

Boas, son Margarita Adrio! Avogada de profesión e deputada socialista no Congreso pola provincia de Pontevedra.

Levo boa parte da miña vida vinculada ao Dereito e ao compromiso social. Son especialista en Dereito de Familia, formei parte do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penitenciaria do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra e colaborei na axuda e defensa das persoas reclusas.

A miña traxectoria política comezou no Concello de Pontevedra, onde fun concelleira. En 2019 fun elixida senadora pola provincia de Pontevedra, responsabilidade que volvín asumir tras as eleccións de novembro dese mesmo ano.

Tamén exercín como docente na Universidade de Vigo, impartindo Deontoloxía, Organización Profesional e Quenda de Oficio.

Hoxe son deputada no Congreso e continúo traballando desde o socialismo galego para defender os intereses de Pontevedra e de Galicia.