Boas, son Pablo Rivera Capón! Politólogo, doutor en Análise de Problemas Sociais e profesor universitario.
Son licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola UNED. Completei a miña formación no ámbito dos procesos políticos, o liderado e a xestión pública, especialmente nas administracións locais e autonómicas.
A miña traxectoria profesional estivo ligada tanto á consultoría privada como á Administración pública. Fun director de Fondos Europeos e responsable TIC na Deputación de Lugo, combinando esta experiencia coa docencia e a investigación.
Desde 2014 son profesor-titor da UNED en Lugo nos graos de Ciencias Políticas, Socioloxía e Criminoloxía, e actualmente tamén son profesor na Universidade de Santiago de Compostela.
A miña actividade investigadora céntrase especialmente na Administración pública, a innovación, as redes sociais e a transformación dixital, ámbitos nos que conto con diferentes publicacións científicas.
