29N José Ramón Gómez Besteiro Santiago de Compostela 19 de noviembre de 2026

Besteiro: «Fronte a un PP desatado, o PSOE garante que cada persoa poida decidir sobre a súa propia vida»

O líder dos socialistas galegos plántase diante da ameaza de Feijóo contra o eutanasia, a Lei do Aborto ou os dereitos LGTBI e presenta ao Partido Socialista como “garante da liberdade de decisión”

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2026. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apuntou hoxe que “fronte a un PP e un Feijóo absolutamente desatados, o Partido Socialista garante que cada persoa poida decidir sobre a súa vida”. Besteiro retrucoulle hoxe ás declaracións de Feijóo en contra da eutanasia, a Lei do Aborto ou os dereitos LGTBI.

O líder dos socialistas galegos alertou hoxe que os de Feijóo “fan o mesmo, pensan o mesmo que Vox, e polo tanto son o mesmo de Vox”, logo de escoitar a Feijóo, que pasou de prometer en xuño mellorar a Lei da Eutanasia a admitir agora a súa intención de derrogala. Alertou fronte a un candidato “desatado” que non dubida en ir máis alá do seu programa electoral -onde esta medida non aparece- na súa loita coa extrema dereita.

Explicou que os socialistas “somos os únicos de garantir que a xente poida exercer con liberdade os seus dereitos e que eses dereitos individuais seguen fortes” e puntualizou, fronte ás mensaxes da extrema dereita de PP e Vox, que “en ningún caso limitan a liberdade das persoas”. Lembro que a Lei da Eutanasia “non é obrigatoria, simplemente está á disposición das persoas que queiran poñer fin á súa vida porque é insufrible e insoportable”.

Reivindicou a “liberdade de decisión” para facer uso da Lei da Eutanasia, como fixeron 1.600 persoas en toda España dende o ano 2021, que “non cambia a vida de todo o mundo, somentes cambia a vida dos que o desexan ou non poden facer outra cousa”.

Comparou a posición do PP en contra da eutanasia coa súa oposición á interrupción voluntaria do embarazo ou os dereitos das persoas LGTBI, que “non obrigan a ninguén”. Explicou que “non é obrigatorio abortar”, pero opoñerse a ese dereito “é en realidade limitar a autonomía e a capacidade de decisión das mulleres sobre o seu propio corpo”.

Besteiro comezou a xornada lembrando a figura do finado Méndez Ferrín e trasladando o apoio á familia e amigos do intelectual afincado en Vigo, sinalando a perda irreemprazable para a cultura galega e lembrando a quen cualificou como “potencia cultural da nosa literatura”. Así o dixo no primeiro acto electoral do día, un reparto de propaganda electoral no Feirón de Salgueiriños, en Santiago de Compostela, xunto cos candidatos ao Congreso e o Senado, Ana Alvite e Sindo Guinarte, e cargos públicos e orgánicos do partido.

A continuación desprazouse a Noia, onde mantivo unha xuntanza coa Asociación de Empresarios do Polígono, e xa pola tarde visitará a sede de Asfedro, en Ferrol, e participará nun mitin en Vilalba, antes de seguir o debate electoral.

Noticias relacionadas