PARLAMENTO DE GALICIA Política Social Silvia Longueira 23 de septiembre de 2026

O Grupo Socialista advirte que a xestión do goberno galego constitúe «un problema» para os centros de menores

Silvia Longueira apunta que Política Social “nin mira nin atende” a situación de estrés nos centros de menores de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, sinalou hoxe que a xestión do PP dende o goberno galego supón “un problema” para os centros de menores. Longueira presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que alertou da situación “de estrés” nos 79 centros de menores que hai na Comunidade Autónoma e aos que Política Social “nin mira nin atende”.

Explicou que se trata de “edificios antigos sen mantemento”, con persoal escaso que permita unha atención de calidade, lastrada ademais pola falla de coordinación cos demais servizos, o que deriva nun aluvión de baixas por estrés das funcionarias, que “xa non saben o que facer para poder desprazarse a outro centro de traballo”.

Criticou que a Xunta sexa “incapaz” de atender en condicións aos menores usuarios destes centros, que representan ao 7,92 por cento do total do Estado, porque “teñen a casa sen barrer e todo ateigado”. Advertiu que a capacidade ordinaria destes centros en Galicia é de 940 menores, para os que dispoñen de 4,13 millóns de euros de financiamento estatal -un 196 por cento máis que no ano pasado e tres veces máis que en 2021-, pero só hai 310 menores acollidos, un 32,98 por cento.

Noticias relacionadas