Silvia Longueira denuncia que ao primar aos usuarios de campamentos privados para conceder o Bono Concilia deixaron de lado a inclusión das familias usuarias de centros públicos e os criterios de equidade e vulnerabilidade
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe á conselleira de Política Social de restrinxir o Bono Concilia aos usuarios de campamentos privados, impoñendo a “política de bonos do chao pescao. para os usuarios de campamentos públicos”, aludindo ás declaracións da presidenta da Comunidade de Madrid. Así o dixo no debate dunha Interpelación na que cuestionou a política de “cambiar dereitos por bonos” por parte do PP.
Advertiu que ao cambiar os criterios das axudas, que serán concedidas “ata rematar existencias” abocan a unha “inseguridade xurídica cronificada”, pasando “do bono caridade ao bono ruleta da sorte”, no que “gaña o que máis corre, o que máis ten e o que menos precisa”. Denunciou que están a desprazar ás familias usuarias de centros públicos e apartando os criterios de equidade e vulnerabilidade”.
A responsable socialista sinalou que “as políticas públicas de conciliación e axudas ás familias teñen que ter outra planificación”, para “construír a seguridade xurídica” pola xestión dun goberno galego que “aboca á sociedade galega á bonificación perpetua. Criticou a falla de planificación e de obxectivos do “embarres con esta bonolandia coa que confunden ás persoas”.
