Aitor Bouza Narón PARLAMENTO DE GALICIA 30 de octubre de 2026

O Grupo Socialista considera incomprensible que o PP vote en contra de pintar un paso de peóns na AC-566 en Narón que os veciños de Castro levan 16 anos reclamando

Aitor Bouza presenta no Parlamento un informe da Policía Local favorable a unha actuación fundamental para a seguridade dos veciños e veciñas da parroquia de Castro

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2026. O parlamentario socialista Aitor Bouza criticou hoxe que o PP continúe negándose a pedirlle á Xunta que poña un paso de peóns na estrada autonómica AC-566 no concello de Narón. Bouza presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Infraestruturas do Parlamento coa petición dos veciños e veciñas da parroquia de Castro que levan 16 anos reclamando unha actuación mínima que resulta fundamental para a súa seguridade, pero que o PP rexeitou.

Bouza explicou que os veciños e veciñas están pedindo “seguridade para ir á compra” e á zona escolar que se atopan nun tramo con vivendas e servizos aos dous lados pero que os veciños e veciñas non teñen forma de cruzar con seguridade. O responsable socialista reclamou un paso de cebra e as medidas necesarias que o acompañan para garantir a seguridade viaria, como iluminación, sinalización ou acondiconamento da estrada.

Explicou que os veciños e veciñas levan reclamando esta actuación dende 2011, cando presentaron 435 sinaturas pedindo un paso de peóns que agora tamén vén avalado por un informe técnico feito pola Policía Local. Este informe sinala que hai vivendas nas dúas marxes da vía, ademais de locais comerciais, un local social e dúas paradas de bus, e que só necesitaría do pintado e a sinalización, e apenas ampliaría o límite de 50 quilómetros por hora en 150 metros.

Noticias relacionadas